Thursday 02 de May de 2024

Comezan as inscricións para os campamentos de conciliación e os obradoiros do nadal cultural de Riveira


Os campamentos de conciliación e obradoiros pertencentes ao Nadal Cultural terán un único período de inscrición, que comezará o vindeiro luns 30 de novembro e finalizará o 9 de decembro.

Así o manifestou a concelleira de Cultura e primeira tenente de Alcalde, Fabiola García, quen subliñou algunhas novidades con respecto a anualidades anteriores.

Así, o campamento multidisciplinar Nadal Concilia terá como lugar de celebración o novo mercado e non o conservatorio. Desenvolverase entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro, cun aforo máximo de 100 participantes nados entre 2007 e 2012 (en grupos de ata 35 pequenos).

O campamento Nadal Xogo terá lugar nas mesmas datas. Un dos campamentos estará destinado aos rapaces de Aguiño, Carreira e Castiñeiras e o outro aos de Corrubedo, Olveira, Artes e Oleiros. En ambos casos, o lugar de celebración será a parroquia na que se inscriba un maior número de participantes.

Polo que respecta aos obradoiros temáticos de Nadal, haberá os seguintes:

• ARTE FLORAL E DECORACIÓN DE NADAL
Aulas de Servizos Sociais. De 16 anos en diante, mín. 12 e máx. 25 persoas.
Datas: 15, 16, 17 e 18 de decembro. Horario 18:00- 20:30 h

• COCIÑA E REPOSTERÍA DE NADAL
Aulas de Servizos Sociais. De 16 anos en diante, mín. 12 e máx. 25 persoas.
Datas: 15, 16, 17 e 18 de decembro. Horario 19:30- 22:00 h

• INICIACIÓN AO BAILE
Aula de Ballet Municipal de Riveira. De 16 anos en diante, mín. 15 e máx. 30 persoas por grupo Country: Os días 21, 23, 28 e 30 de decembro de 20:00 a 21:30 h.
SBK: Os días 21, 23, 28 e 30 de decembro de 21:30 A 23:00 h.

• INICIACIÓN ÁS ARTES PLÁSTICAS E A ESCULTURA
Edificio do Mercado Municipal. De 9 a 15 anos, mín. 10 e máx. 20 persoas
Datas: 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro – 4 e 5 de xaneiro. Horario 11.30- 13.30 h

• INFORNADAL. INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS
Aula Multimedia de Riveira (Cubeliños, no baixo da Gardería Municipal)
Datas: 21, 22, 23, 28, 29, 30 de decembro. Horarios de 10.00 a 13:30 h
De 9 a 12 anos, mín. 12 e máx. 20 participantes

Un 10% das prazas dos campamentos de conciliación e os obradoiros de emerxencia social estarán reservadas para emerxencia social.

Inscricións
As inscricións e matrícula son gratuítas para todas as actividades e para iso é preciso cubrir un formulario online na páxina web do Concello (www.riveira.gal) ou acudir ao Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 9 a 14 horas.